PROXECTO:

FISIOTERAPIA, MEDIO PARA A INTEGRACIÓN SOCIO-FAMILIAR

PROXECTO SUBVENCIONADO pola Consellería de Economía, Emprego e Industria

(procedemento TR352A do 2017)

A enfermidade de Párkinson é neurodexenerativa e como tal, hai constantes cambios e síntomas que xorden de forma progresiva e inevitable. Moitos síntomas están relacionados coa mobilidade (rixidez, a lentitude, movementos involuntarios ou inestabilidade postural) e ademais cursan con dor. Se constata na bibliografía que isto repercute nun estado emocional alterado que produce mala adaptación social e familiar do doente á contorna. A nosa misión e desenvolver actividades para os doentes e familiares coa finalidade de vivir con normalidade na vida cotiá. Coas actividades tanto individuais como grupais e formativas do fisiterapeuta, melloraremos as complicacións secundarias e a integración social entre outros factores.

PROXECTO:

PROXECTO: PARKINSON SEN BARREIRAS

PROXECTO SUBVENCIONADO pola Consellería de Economía, Emprego e Industria

(procedemento TR352C do 2018)

Esta subvención é cofinanciada Fondo Social Europeo e a Iniciativa de Emprego Xuvenil nun 91,89%, a través do Programa Operativo de Emprego Xuvenil

O servizo ten como finalidade conseguir a máxima funcionalidade e independencia dos usuarios. Mediante avaliación e estudo de necesidades, traballamos en prol de adaptar a contorna do usuario para manter ou mellorar o desempeño en tódalas áreas da ocupación, nas ABVD e nas AIVD. Ofrecemos orientación para a integración dos doentes de Parkinson e dos seus familiares/coidadores. Promovemos o desenvolvemento ou mantemente de destrezas precisas para o desempeño das diferentes actividades da súa vida diaria, aprendemoslles a facer adaptacións funcionais e a controlar a contorna mantendo así a mellor calidade de vida posible.

PROXECTO:

PROGRAMA DE ASISTENCIA INTEGRAL PARA AFECTADOS POR LA ENFERMEDAD DE PARKINSON

PROGRAMA SUBVENCIONADO con cargo á ASIGNACIÓN TRIBUTARIA do 0,7 % do IRPF 2017 para realizar programas de interese xeral que atenden fins de carácter social,

xestionada pola Comunidade Autónoma de Galicia

(procedemento BS623D do 2017)

Os proxectos desenvolvidos na nosa asociación perseguen un obxectivo xeral común, MELLORAR A CALIDADE DE VIDA DO ENFERMO DE PARKINSON E DA SÚA CONTORNA, FAMILIARES (coidadores). A través da atención e traballo conxunto dun psicólogo máis un traballador social, cubrimos as súas necesidades biopsicosociales. Ofrecemos información e terapias tanto de grupo como individuais. Atención as persoas novas afectadas pola enfermidade, procuramos a intervención bio-psico- social, valoramos e detectamos necesidades e preocupacións do doente, dende o momento do shock que supón o diagnóstico hasta adaptación á unha posible invalidez. Facemos atención sociofamiliar, e prestamos apoio para la solicitude de axudas e captación de recursos …